viernes. 26.04.2024

Verín

VÍDEO | Morenas y Verdes, a tenra e deliciosa carne ecolóxica da comarca do Támega

Máis de corenta anos avalan as carnes de produción ecolóxica en extensivo de Morenas y Verdes. Esta empresa de Riós que dirixe José Luis Vaz forma parte dos arredor de 30 socios da cooperativa Verín Biocoop, creada en 1998 sendo pioneira do ecolóxico en Galicia. 

Con máis de 100 hectáreas de terreo -con expectativas de incrementalo proximamente- e arredor de 150 exemplares, Morenas y Verdes produce carne de vacún suculenta, tenra e singular dentro do padal, capaz de chegar a calquera parte do mundo a través de distribuidores autorizados como a páxina de produtos gourmet Delicias do Támega.

Un equipo deste medio visitou a explotación gandeira para coñecer como son a alimentación e a crianza desta raza vianesa, autóctona galega e orixinaria da provincia de Ourense, que actualmente está en perigo de extinción. Como solucionalo? Por que a demanda deste tipo de carnes non está facendo máis que crecer? Dentro vídeo!

Comentarios
VÍDEO | Morenas y Verdes, a tenra e deliciosa carne ecolóxica da comarca do Támega