Xoves. 28.03.2024

Verín

Gerardo Seoane: "Concello de Verín e iniciativa privada mobilizarán 20 millóns de euros en inversións en dous anos"

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, vén de anunciar a Diario do Támega que no bienio 20-21 a iniciativa pública e a privada mobilizarán uns 20 millóns de euros en inversións. O Concello prevé activar un plan de investimentos adicional ao xa contemplado nos orzamentos deste exercicio económico, por importe duns dous millóns de euros. 

Tamén explicou que apoiará ao comercio local na súa iniciativa de pór en marcha unha plataforma de vendas online e permitirá que cafeterías e bares amplíen a superficie das súas terrazas para que poidan mellorar os ingresos nestas primeiras semanas, que se prevén moi reducidos. 

Falou tamén do inicio, en canto dende o goberno autonómico lle den o visto e prace a determinados trámites urbanísticos, das obras da Fundación San Rosendo coa construcción do xeu xeriátrico en Caldeliñas, a ampliación da planta embotelladora de Cabreiroá ou a edificación dun centro comercial en Queizás. 

Sementou, iso si, dúbidas de que chegase a celebrarse a Feira do viño, porque "os nosos turistas veñen precisamente de zonas onde a incidencia da pandemia foi moi intensa. Non quero ter un inverno quente, que comprometa os recursos do hospital, por ter que celebrar unha das festas do calendario".

Comentarios
Gerardo Seoane: "Concello de Verín e iniciativa privada mobilizarán 20 millóns de euros...