Xoves. 28.03.2024

Verín

VÍDEO | Quere saber como será o parque natural máis grande de Verín?

Gerardo Seoane achegouse cun equipo de Diario do Támega para presentar un dos proxectos estrela deste o seu segundo mandato: o grande parque da Preguiza nas beiras do río. 

Serán uns 90.000 metros cadrados de parque natural a carón do cauce do Támega, onde está proxectado tamén que acaben ubicándose as piscinas municipais se así a poboación o decide. 

Seoane Fidalgo pretende que "deixemos de darlle as costas ao río para favorecer outras novas posibilidades, tamén económicas" e sinala como horizonte da estrea do parque este mesmo verán: "A feira do viño de Monterrei podería incluso celebrarse xa aquí se é que pode facerse".

 

Comentarios
VÍDEO | Quere saber como será o parque natural máis grande de Verín?