Xoves. 28.03.2024

Verín

VÍDEO | Pilar e J. Manuel, por un Punto de Encontro Familiar: "Estamos decepcionados coa falta de compromiso das entidades"

Pilar García e José Manuel López son as dúas caras visibles na loita pola creación dun Punto de Encontro Familiar en Verín. Despois de iniciar este movemento de xeito público hai dous meses e medio - que soben ata os cinco anos de maneira privada- reivindican máis compromiso por parte das entidades públicas que poden tomar partido nesta decisión.

 

Despois de terse reunido co alcalde de Verín, Gerardo Seoane; co presidente da Mancomunidade, José Luis Suárez; e incluso co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; agora teñen unha nova oportunidade para retomar o proceso que leva algo máis dun mes paralizado. O vindeiro venres 22 de outubro serán recibidos en Ourense polo vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, e pola deputada de Benestar e Asuntos Sociais, Luz Doporto.

Comentarios
VÍDEO | Pilar e J. Manuel, por un Punto de Encontro Familiar: "Estamos decepcionados...