domingo. 19.07.2026

Verín

EN DIRECTO | Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas de Deputación, en Vilamaior

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ofrece este 27 de decembro, ás 18:30 horas, o seu tradicional Concerto de Nadal no Santuario de Vilamaior do Val, nunha cita moi especial que conmemora o 40 aniversario da Escola de Gaitas e da propia Real Banda.

O concerto inclúe unha emotiva homenaxe a Ricarda e Julio Domínguez Pérez, figuras destacadas no ámbito cultural e musical, así como a presentación da Marcha Procesional da Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior do Val, unha peza creada expresamente para este enclave relixioso e cultural da comarca.
 

Baixo a dirección de Xosé Lois Foxo, a Real Banda de Gaitas conta coa colaboración de numerosos artistas e formacións, entre elas Lucía Pérez e Xabier VizcaínoNadia Vázquez, o grupo de violíns Tatiana Kostomarova, a Coral de Verín, as Cantoras de Reis de Florderrei e Flor da Xesta de Verín, nunha posta en escena que promete ser un auténtico espectáculo musical e emocional.

Presenta o acto Montse Estévez e conta coa colaboración da Delegación Episcopal para a Vida Consagrada, ademais do apoio institucional da Diócese de Ourense, o Concello de Verín e a Deputación de Ourense.

Comentarios
EN DIRECTO | Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas de Deputación, en Vilamaior