mércores 16/06/21

Verín

VÍDEO | Os tres ases das matemáticas do CEIP Amaro Refojo de Verín

Hoxe visitamos o CEIP Amaro Refojo para coñecer a tres alumnos de terceiro de primaria pertencentes a unha das listaxes máis exclusivas do mundo. Gonzalo, Miguel e Leo quedaron segundo, cuarto e sexto respectivamente no campionato SuperTmatik sobre cáculo mental. Estar entre os dez mellores do mundo é un orgullo para os seus mestres, pais e compañeiros; e téñeno claro: ven as matemáticas como o seu posible e máis que probable futuro profesional.
comentarios
VÍDEO | Os tres ases das matemáticas do CEIP Amaro Refojo de Verín