miércoles. 24.04.2024

Verín

VÍDEO | Xa se pode comunicar o positivo en Covid polo "Sergasmóbil" ou chamando ao 881 540 045

A Consellería de Sanidade informa que desde a xornada de hoxe, luns 16 de maio, a cidadanía terá a súa disposición dúas modalidades para poñer en coñecemento do Servizo Galego de Saúde o resultado positivo dun autotest Covid - 19.

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo dun xeito áxil e cómodo ao Servizo Galego de Saúde. Neste sentido, terán a súa disposición dúas modalidades. En primeiro lugar, a través da aplicación "SergasMóbil", tal e como se explica no vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Comentarios
VÍDEO | Xa se pode comunicar o positivo en Covid polo "Sergasmóbil" ou chamando ao 881...