Xoves. 28.03.2024

Sociedade

O "titiriteiro" Rubén Riós entrevista a Irene Villa: "Esta tiene que ser la epidemia del amor"

O cineasta creou recentemente un espazo de entrevistas desde a rede social Instagram baixo o nome de Je suis titiritero, con obxectivos que van máis aló do entretemento. Este espazo que xa conta multitude de fieis seguidores diarios ten como finalidade xerar ferramentas, enerxía e esperanza para combater este confinamento.
A última entrevistada por Riós foi Irene Villa. Unha entrevista que retoma a súa amizade da asistencia de Irene ao visionado do documental e curtametraxe Máis ca vida, un audiovisual sen precedentes que mostra as ganas de gritar ao mundo o que son capaces de facer as persoas con discapacidade.
"Raíces e ás" é a frase coa que define o mozo director á entrevista máis seguida e enérxica realizada ata a data que toma como protagonista a Irene Villa. Raíces para saber de onde vimos e ás para voar máis alto que nunca en tempos tan duros como os que nos tocou vivir. Unha frase que sen dúbida calou nos miles de espectadores que tiveron o privilexio de ver o directo mantido entre os dous.
Irene Villa impactou aos usuarios do evento polo poder da enerxía e positivismo nas súas palabras. O seu compromiso, loita, perdón e as súas ganas de saír de toda adversidade, fana un claro referente á quen escoitar. A súa experiencia vital levouna nalgunha ocasión a un confinamento do que tivo que reinventarse en todos os sentidos.
Comentarios
O "titiriteiro" Rubén Riós entrevista a Irene Villa: "Esta tiene que ser la epidemia...