sábado. 20.04.2024

Sociedade

VÍDEO | A Rúa do Paseo, "Meca" dos Entroidos da provincia

O Concello de Ourense organizará, durante o mes de marzo na sala Valente, unha gran exposición con máis de 50 personaxes tradicionais do Entroido ourensán. O goberno municipal decidiu aprazar a exposición de personaxes cuxa apertura estaba prevista para o mes de febreiro, coincidindo co Entroido. Os elementos que se expoñerán proceden de cesións realizadas por 34 concellos -hai 44 localidades representadas-, por asociacións culturais e por particulares, e non faltarán pantallas, peliqueiros, cigarróns, boteiros ou a famosa Morena de Laza. Con todo, a exposición contará tamén con traxes descoñecidos para o gran público: mostraranse, por vez primeira, traxes recuperados despois de anos de estudo e de investigación antropolóxica ao longo da provincia.
Comentarios
VÍDEO | A Rúa do Paseo, "Meca" dos Entroidos da provincia