viernes. 26.04.2024

Riós

VÍDEO | Os veciños da Veiga do Seixo, en Riós, contrarios ao ditame de Patrimonio

Neste vídeo, o presidente da asociación de veciños da Veiga do Seixo, Manuel Carlos Del Río Pérez, abandeira unha nova loita dos residentes desta poboación orriolense. 

 

Nel explica como debería de ser a rehabilitación da capela da localidade, contraria aos ditames dos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio, que pretenden un novo reenchido na igrexa de Santa Ana con morteiro de cal, ocultando as paredes de cachotaría. 

 

O rexedor, Francisco Armando Veiga, asegura que "para o meu gusto, quedaría mellor coa pedra descuberta, pero como alcalde teño que facer valer os ditames dos técnicos de Patrimonio". 

A polémica, unha vez máis, está servida. 

Comentarios
VÍDEO | Os veciños da Veiga do Seixo, en Riós, contrarios ao ditame de Patrimonio