sábado. 20.04.2024

Riós

VÍDEO | Rubén Riós: "Latexos do Rural é un compromiso co que lle devolvo á miña terra todo o que me deu"

Chega, se cadra, a que é a edición máis especial de Latexos do Rural, festival organizado polo actor e director Rubén Riós, que celebra 15 anos poñendo en valor a cultura no rural. Un evento que xirará en torno a varias e inspiradoras mulleres, coincidindo co 25-N, sen esquecer a intención dinamizadora do sureste ourensán. Nunha entrevista a Diario do Támega, Riós ábrenos as portas da súa localidade natal e dános un percorrido polos verdadeiros protagonistas da fin de semana: os castiñeiros, que apadriñarán á actriz Benedicta Sánchez, a Irene Villa e aos sanitarios do hospital de Verín, polo seu gran labor na pandemia. Todo isto e máis, os vindeiros 26 e 27 de novembro en Riós, un lugar que volve latexar con forza.

Comentarios
VÍDEO | Rubén Riós: "Latexos do Rural é un compromiso co que lle devolvo á miña terra...