Eva Barrio chegou o 23 de abril deste ano á responsabilidade de alcaldesa do municipio de Riós.
Diario do Támega falou con ela para que nos fixera unha pequena análise do que foi esa aterraxe. O centro de día, con algunhas deficiencias aínda por subsanar nas que está a traballar; a situación económica do Concello, que se ve lle preocupa, e a grande carestía de auga nas aldeas son, sen dúbida, as súas principais preocupacións e ocupacións neste mes de agosto que, para ela é de vacacións na Deputación, pero non na casa consistorial.
Velaí todo o que nos contou nun vídeo que gravou e editou Iván Iglesias.