Venres. 29.03.2024

Oímbra

VÍDEO | Entrevista a Ana Villarino: "Parcelas máis grandes e transformación, claves para o futuro da horta de Oímbra"

A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villlarino Pardo, atendeu a un equipo da redación de Diario do Támega no seu despacho da casa consistorial olimbriguense. De non darse a suspensión da XXIII edición da Feira do Pemento, a actividade sería frenética no Concello, preparando o certame que se tería que celebrar o vindeiro domingo 2 de agosto. 
A precaución e a cautela presidiron a decisión tomada polo seu grupo de Goberno, "non podiamos arriscar a un brote, por moi pequeno que poidera ser", e este ano non haberá festa presencial. Si se promocionará o rei da súa horta nas redes sociais e nos medios. Entre as iniciativas propostas está a dun concurso fotográfico -bastará con subir una foto comendo pementos de Oímbra ás redes co hashtag #pementodeoimbra- que terá como premio un sustancioso lote de produtos da horta local, maridados con viños das oito adegas da Denominación de Orixe Monterrei asentadas en Oímbra. 
Villarino Pardo tamén falou de por onde pasa o futuro do agro no seu concello: "Se queremos que sexa a nosa horta rendible, temos que ter claro que as parcelas teñen que ser máis grandes vía agrupación de propietarios e/ou terreos e que a transformación tamén podería ser un bó piar que consolide o futuro dos nosos produtores".
Comentarios
VÍDEO | Entrevista a Ana Villarino: "Parcelas máis grandes e transformación, claves...