O artista Fernando Barreira presentou hoxe no Concello de Oímbra unha obra á que lle dedicou tres anos do seu tempo. Trátase da Capela de San Mauro, agora tamén Capela Barreira na honra do artista, sita na aldea de Bousés. Unha restauración deste edificio de culto que se lle entrega hoxe ao pobo de Bousés nun acto pequeno, onde se aplicaron todas as medidas restritivas precisas pola situación da covid-19, ao que asistiron diversas autoridades coma o Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, máis tres concelleiros da corporación, a Directora de Museos de Ourense, Eva Torres, e, como non, o párroco da aldea, David Penín, e mais o de Verín, Óscar Martínez.
Tras este traballo ornamental, é dicir que non requeriu de reformas estruturais, Penín só tivo verbas de agradecemento. Todo comezou pola amizade que une a Penín con Barreira, que correu con todos os gastos ocasionados pola restauración da capela, e agora rematou nesta fermosa entrega que acompañou un dueto de corda composto por Hector Varela, ao violín, e David Rodríguez Rivada, ao violonchelo. Barreira, visiblemente satisfeito ensinaba aos visitantes o traballo feito e comentaba os detalles do proceso.
Durante o miúdo evento foron intervindo as principais autoridades asistentes que non fixeron outra cousa que destacar o traballo e a aportación de Fernando Barreira ao patrimonio galego. O Arcipreste de Verín bendixo a anovada capela e adiantou que o Obispo de Ourense está interesado en visitar o lugar e bendicilo el mesmo. Máis unha obra de Fernando Barreira que desta vez enriquece o patrimonio da aldea de Bousés, no Concello de Oímbra, para o deleite dos feligreses da parroquia.