Mércores. 17.08.2022

Oímbra

VÍDEO | 23:00 horas: As lapas asedian ó pobo de Oímbra

Os incendios non entenden de fronteiras e, neste caso, o Concello de Oímbra  "importou" un lume de Portugal. A localidade flaviense de Cambedo sufría esta tarde tamén a ameaza das lapas e ese incendio que se mantiña en territorio luso, ata pouco despois das 20:30 horas da tarde, avanzou cara a fronteiriza localidade de San Cibrao. Os veciños víronse rodeados polo lume e tamén puideron observar como este asediou a capitalidade do municipio, Oímbra. Así, como mostramos no vídeo, ardía o lume a esa hora.
comentarios
VÍDEO | 23:00 horas: As lapas asedian ó pobo de Oímbra