miércoles. 24.04.2024

Laza

"É indecente que os veciños teñan que facer de peóns camiñeiros", din en Xuntos por Laza

O voceiro de Xuntos por Laza, Jorge Lorenzo, desprazouse ata a localidade de Castro para comprobar se, en efecto, varios dos veciños da localidade se converteran, por unhas horas, en "peóns camiñeiros logo de ver como o rexedor municipal desoía as súas reivindicacións ducias de veces", sinala. 

 

Segundo vén de denunciar publicamente, a localidade de Castro estaba chea de fochancas e os veciños do lugar xa solicitaran, en varias ocasións, o arranxo, "polo menos, das máis profundas. O alcalde, por contra, fixo oídos xordos e tanto se cansaron de agardar que esta semana -pola que xa rematou- foron mercar butano e algo de mistura de asfalto para tapalas eles mesmos. Creo que é un verdadeiro despropósito, que é indecente, que un Concello que presume de ter boa xestión, débeda cero, non sexa quen de manter os máis mínimos servizos básicos, como son unhas rúas, xa non digo ben pavimentadas, pero polo menos sen fochancas que poidan ocasionar algunha caída", conclúe o voceiro de Xuntos por Laza, Jorge Lorenzo. 

Comentarios
"É indecente que os veciños teñan que facer de peóns camiñeiros", din en Xuntos por Laza