jueves. 25.04.2024

Cultura

VÍDEO | Arrancan as IV Xornadas de Novela Histórica no Auditorio de Verín

A cultura regresa con forza á vila… e facendo máis ruido ca nunca. Hoxe deron comezo as cuartas xornadas de novela histórica, organizadas coma sempre, pola biblioteca municipal coa colaboración do concello. 

Un evento que chega para reforzar o propósito das institucións locais de converter a Verín nunha das capitais de referencia no eido cultural. 

Esta mañá, decenas de nenos dos centros educativos da comarca achegaronse ata aquí, ata este auditorio, sede das xornadas, para descubrir como é iso de escribir unha novela histórica. 

Nesta edición, as protagonistas son elas, as mulleres na historia, representadas por nomes de primeiro nivel nacional, como a oscense Luz Gabás. 

As xornadas non fixeron máis que comezar e continuarán durante esta tarde con autoras como Rosario Raro ou Eva Mejuto. Mañá, segunda sesión con dúas Marías, Solar e Vila; e, máis tarde, fin de festa coa intervención de Luz Gabás e cunha posterior sinatura común de libros antes de clausurar o certame que se despedirá, agardamos, ata o ano que vén

Comentarios
VÍDEO | Arrancan as IV Xornadas de Novela Histórica no Auditorio de Verín