Este xoves 20 de xuño, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín, tivo lugar a presentación da nova novela de Alberte Blanco Casal "A soidade do inquisidor", da editorial Xerais.
Na mesma, ademais do autor, participaron o tenente de Alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo; Juan Guerra López, profesor de historia do IES "Xesús Taboada Chivite"; Nieves Amado Rolán, historiadora e arqueóloga, e membro do Consello da Cultura Galega; e o director da editorial Xerais, Fran Alonso.