domingo. 28.04.2024

A Gudiña

VÍDEO | PROTESTA VECIÑAL: O Seixo e a Veiga saen ás rúas para esixir cobertura de móbil

Ás 10:30 horas deste mércores estaba convocados os veciños do Seixo (A Gudiña) e a Veiga (Riós) a unha concentración na segunda das aldeas para reivindicar unha solución urxente ao déficit de cobertura que sofren dende hai máis dunha década

Non entenden que para poder facer ou recibir unha chamada teñan que saír das súas casas e ir á praza do lugar, o único sitio onde o poste repetidor instalado no Seixo permite efectualas. 

Aínda que o entorno está considerado como "zona escura", a compañía Telefónica escúdase nunha disposición ministerial para non instalar unha nova antena que resolvería o problema destas dúas aldeas

Técnicos do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital, do que depende a Secretaría General de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales, visitarán nas vindeiras xornadas a zona para efectuar as oportunas medicións e determinar a necesidad de renovar ou ampliar os equipos de telefonía existentes. 

Comentarios
VÍDEO | PROTESTA VECIÑAL: O Seixo e a Veiga saen ás rúas para esixir cobertura de móbil