jueves. 25.04.2024

Félix Rubial, o rottweiler do Sergas

O xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial. | FOTO: Somos comarca.
O xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial. | FOTO: Somos comarca.

A atención do Sr. Presidente da Xunta, o Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijóo ou, na súa frecuente ausencia, ó Sr. Conselleiro de Sanidade de Galicia e tamén Excmo. Sr. D. Julio García Comesaña  

Dende fai un ano os atentados permanentes contra a unidade hospitalaria de Verín son un feito constante. A eliminación de especialidades, a deriva doutras a Ourense, o peche dunha planta e de quirófanos, o recorte de persoal e presuposto, e a intención de pechar o paritorio foron algunhas das decisións que non tiveron boa acollida na nosa veciñanza. E recuaron porque os veciños falamos ben alto para que escoitaran as nosas reclamacións. Aínda xordos, ouviron ben, por iso recapacitaron.  

Para solucionar estes inconvintes, puxeron ó fronte a un rebotado da mala xestión doutras unidades sanitarias, pero como pensan que en Verín todo vale, asentou a súa invalidez no Hospital de Verín.  

A vinganza non é para ninguén e menos para políticos nin para xerentes, a súa preocupación ten que ser a boa xestión e o mellor aproveitamento dos recursos públicos para mellorar os servicios comúns. En Verín observamos no Sr. Rubial, un defecto de bondade cara o seu cargo, e un abuso de maldade e vinganza co noso hospital.  

Eu son un veciño que soamente pode falar ben do hospital, supoño que é por a actuación dos seus profesionais, porque o que estou seguro é que non é por a súa xestión. Ata os alcaldes do seu partido están a favor do Sr. Castrillo, un funcionario exemplar e defensor da sanidade pública en Verín. Polo simple feito de apoiar unha decisión xusta, como foi a defensa do paritorio de Verín, agora pretende o Sr. Ruibal, o rottweiler do Sergas, inhabilitalo por decisión propia.

O can é o que ten o risco de estar en sociedade, non faga que teñamos que saír á rúa na defensa do doutor Castrillo por culpa dun animal danado con xenreira, ira e maledicencia

Non entendo moito de leis, pero os cadelos perigosos teñen que estar rexistrados, vacinados, con bozal e ter un chip que os distingua cando non están no seu correcto comportamento. O can é o que ten o risco de estar en sociedade, non faga que teñamos que saír á rúa na defensa do doutor Castrillo por culpa dun animal danado con xenreira, ira e maledicencia. Conte que como non reprenda ó rottweiler, e siga coa teimosía do expediente ó noso equipo de xinecoloxía da unidade hospitalaria de Verín, non dubide que iremos a Santiago se é preciso, viaxe que nos pode aforrar si é un pouco sensato con esta humilde vila e coas súas xentes. E pídolle que lle poña a vacina contra a rabia, téñao atado na súa condición de perigoso a ver se a súa mordedura fai máis dano que a súa necesidade.  

Moitas gracias por considerar este consello. A decisión é súa.  

Félix Rubial, o rottweiler do Sergas
Comentarios