Xoves. 28.03.2024

OPINIÓN | 366 días

Varias persoas participan nas protestas contra o Goberno de España. | FOTO: Joaquín Corchero / EP
Varias persoas participan nas protestas contra o Goberno de España. | FOTO: Joaquín Corchero / EP

O mundo xira a varias velocidades. A terra xira á orde dunha volta cada día, e xira sobre o sol a razón dunha volta por 365 días. Con isto o único que quixera expresar é  que ao noso redor pasan cousas que suceden no inmediato e cousas que van sucedendo mentres nos centramos prescisamente niso, no inmediato.

Este ano é peculiar, ten 366 días, é dicir, é un ano bisesto. Meu avó era ''cantinero'', tiña un deses negocios híbridos a cabalo entre un ultramarinos, mercería, bar... En resumo, o sitio a onde túa nai te mandaba por galletas e por teu pai. Ao abeiro dese establecemento, pois pasaba a vida e as vivencias dos que aquí, en Berrande, moraban. E falando de anos bisestos o ''Mourán'' un día sentenciou: Nun ano bisesto veu o bicho das patatas e o bispo. Tal asociación non se lle ocorre a calquera.

Sería interesante facer unha revisión do papel que xogamos cada quen no modelo de sociedade que temos e se nos interesa mantelo. Eu hoxe é o que vou pretender

Ben é certo que a máis dun nos encantaría que este ano pase o máis rápido posible. Igual ca un mal sono do que un quere espertar. Para esto hai poucos manuais de como sobrelevar unha pandemia. O capitalismo entende pouco dos tempos da bioloxía, e aí veñen os conflitos. Agora ben, sería interesante facer unha revisión do papel que xogamos cada quen no modelo de sociedade que temos e se nos interesa mantelo. Eu hoxe é o que vou pretender.

Non somos iguais ante a lei. Iso igual habería que miralo cando pase a situación que estamos vivindo, xa que as novas que van chegando sobre os chanchullos da familia son canto menos sospeitosos. Calquera individuo dun Estado debería ter o dereito de escoller o seu xefe de Estado

Organizámonos socialmente nun estado con forma de monarquía parlamentar, é dicir, hai un señor que é o xefe do Estado que, a parte de ser inviolable, é o xefe do Estado. Non se mete co que se decide no parlamento que máis ou menos licitamente representa todas as opinións dentro do territorio (o de licitamente é por a lei d 'Hont) pero ten capacidade de veto. Que non a use non quere decir que non a teña, iso é importante recalcalo. Pois ben, creo que queda patente a miña pouca simpatía por unha institución que non ten nada de democrática. Ese señor e a súa familia son máis ca ninguén polo mero feito de ser fillo de quen é, iso non é o que se nos vendeu. Non somos iguais ante a lei. Iso igual habería que miralo cando pase a situación que estamos vivindo, xa que as novas que van chegando sobre os chanchullos da familia son canto menos sospeitosos. Calquera individuo dun Estado debería ter o dereito de escoller o seu xefe de Estado.

No político existen distintos partidos que poden facer máis ou menos gracia, hainos máis grandes e máis pequenos. Dispoñemos de dúas cámaras: un parlamento e un senado. Esta segunda pouca xente sabe moi ben para que sirve. Hai quen afirma que é un cemiterio de elefantes coma no "Rei León". Outros din que hai senadores que só foron a xurar o cargo e non volveron. Sin embargo a primeira, o congreso dos diputados, parece máis un plató de televisión que o sitito no que se dirime o futuro dunha nación. E isto xa trascende a toda a política en xeral. Demasiado asesor de imaxe e mercadotecnia, pouca POLÍTICA. Pouco debate constructivo, menuda utopía. Cando a descalificación gaña á palabra, as ideas dilúense, a razón fai as maletas e non se avanza nada, ao contrario, imos cara atrás.

Non deixa de ser curioso que os que tanto ladraban, (porque esta xente non fala, ladra) que se se pechou o país tarde, agora éntralle a presa por abrir todo de golpe. E que non saio da miña estupefacción. Pódese ser máis fariseo?

Particularmente, gustaríame escoitar un debate económico real sobre a situación que estamos vivindo, basicamente para saber o que pensa a extrema dereita e a dereita deste país. Porque, créanme que poño toda a atención en escoitar algunha proposta e nada. Agora eso si, pór a caer dun burro ao rival si, deso sobra. Se a alternativa é esa, regular. Utilizar un discurso zafio e totalmente desleal nunha situación como a que estamos a vivir é canto menos inmoral e de moi pouca vergonza. Pero da igual, o que importa é o poder coste o que coste. Morra quen morra e caia quen caia e mentindo o que haxa que mentir. Por se non o sabían, é máis fácil enganar a algúen ca convencelo de que o enganaron. Non deixa de ser curioso que os que tanto ladraban, (porque esta xente non fala, ladra) que se se pechou o país tarde agora entralle a presa por abrir todo de golpe. E que non saio da miña estupefacción. Pódese ser máis fariseo?

Se o caos do sisitema sanitario de Madrid pagámolo todos facendo un confinamento dos máis duros do mundo! Porque o que pasou en Madrid no pico da epidemia foi o caos. Hai que ter a cara de formigón armado

Non se entende, e que é incomprensible para calquera persoa que teña dedo e medio de frente asimilar, as declaracións que estamos vendo estos días: Que se a presidenta da comunidade de Madrid (outra perla que lle colleu as mañas de Esperanza Aguirre facéndose a tonta cunha man e coa outra man co mazo dando, recalificando, apartahoteles...) dice que Madrid ten que pasar xa a Fase 1. Pero, en serio? Que se hai unha cruzada contra ela, que se que non pasemos de fase é unha decisión política... Parece que a culpa é sempre dos demais, ela é inmaculada "y todo lo hace bien", outra que sabe máis cos epidemiólogos e os cargos sanitarios. Un despropósito con patas vestido de cordeiro. Se o caos do sisitema sanitario de Madrid pagámolo todos facendo un confinamento dos máis duros do mundo! Porque o que pasou en Madrid no pico da epidemia foi o caos. Hai que ter a cara de formigón armado.

E aquí? porque eu sei canto lle custa o apartholel ese de luxo á madrileña pero do Parlamento de Galicia non se sabe nada. Quen vai responder polas residencias nas que quedou retratado o caos da privatización de servizos que deberían ser públicos? E o noso presidente? Por que tanta presa para convocar as eleccións? Hai algo que esconder? Que sentido ten aglomerar xente en colexios electorais? Estamos tontos? Un vaise enterando de cousas como que envolver as mascarillas que lle deu o Goberno e porlle o logo da Xunta custou un millón de euros, pois non haberá en que gastar ese diñeiro precisamente agora. Esta situación de saber máis o que pasa en Madrid que aquí é un sítoma do que somos, unha colonia exterior de Madrid.

Quen vai responder polas residencias nas que quedou retratado o caos da privatización de servizos que deberían ser públicos? E o noso presidente? Por que tanta presa para convocar as eleccións? Hai algo que esconder? Que sentido ten aglomerar xente en colexios electorais? Estamos tontos?

E ollo!, teño grandes amizades na capital do reino, persoas boas e xenerosas. Pero cando un encende o telediario xa fede tanto Madrid. Ao mellor na Fonsagrada pasou algo máis interesante ca observar que unha manada de "pijos, cayetanos y carlotas", todos vestidos co uniforme do réximen (politos de Ralph Lauren e Lacoste) do barrio coa renta per cápita máis alta saian coma aves de rapina pau de golf en man a ladrar, porque xa ladran ata mal. Sen respectar a distancia de seguridade entre persoas, póndose eles en risco e aos demais, coa sobrecarga que esto pode supor ao sistema de saúde. Panda de desgraciados. Xente suplicando axuda e gardando as distancias. Que a min paréceme xenial que a xente se manifeste, pero hai que entender o puñetero contexto que estamos vivindo e actuar en consecuencia. E eles, que non lle importa máis nada ca o seu propio embigo saen a rúa a esixir liberdade.. para ir ao clube de campo a seguir mirando por riba do ombreiro ao mundo. Eso si, envoltos na bandeira que parece que eso é a inmunidade. Patriotas de pacotilla, máis ben ratas. Novos e vellos cretinos que pertencen a unha casta de privilexiados que non teñen conciencia do común. Os heroes da chusma máis grande deste país. Malnacidos de alta cuna aos que non lle viña mal saber o que é ensuciarse as mans en primeira liña de defensa contra o virus, para que polo menos tivesen un mínimo de conciencia.

E eles, que non lle importa máis nada ca o seu propio embigo saen a rúa a esixir liberdade.. para ir ao clube de campo a seguir mirando por riba do ombreiro ao mundo

E metras pasa esto, as viñas están apunto de florecer, as xestas xa o fixeron, os castiñeiros xa agroman e a primavera chegou de pleno unha vez máis ás touzas e ás ribeiras recordándonos que, aínda que sexa ano bisesto, ela ven igual espertando a vida que medra baixo os nosos pés.

Coidénseme moito!!

OPINIÓN | 366 días
Comentarios