domingo. 19.07.2026

OPINIÓN | Un papa misioneiro

Antonio Villarino co papa Francisco
Antonio Villarino, misioneiro comboniano, co papa Francisco en Roma.

O 13 de marzo do 2013, nunha noite de chuvia, eu estaba na praza de San Pedro, en Roma, cando o cardenal Tauran anunciou ao mundo que o cardenal Bergoglio, arxentino, fora escollido como o novo bispo de Roma e, por iso, novo papa da Igrexa católica. Foi unha grande sorpresa para moitos.

 

Da praza eu fun cara ao módulo que a cadena SER tiña para seguir a elección do novo papa. Alí había algúns dos millleiros de xornalistas do mundo enteiro que estaban seguindo o proceso de elección papal; os da SER, como a maior parte de xornalistas e vaticanistas, estaban confundidos e moi sorprendidos pola novidade de un papa inesperado. Eu lembro que lles dixen: "Un novo aire está a entrar na Igrexa, moitas cousas cambiarán". E así foi.

 

Despois, tiven a oportunidade de saudalo dúas veces como membro dos Misioneiros Combonianos. Para nós, como misioneiros, foi unha bendición do ceo; el era imaxe viva da Igrexa coa que nós sempre soñamos, unha Igrexa que trata de vivir o Evanxeo de Xesús como palabra e proposta de vida para todos; e, en especial, para os máis marxinados da nosa sociedade, sen fronteiras.

 

Mais non hai que pensar que o papa Fancisco era débil; era misericordioso, pero forte, como se demostrou na súa enfermidade. Dirixir a Igrexa católica, cos seus 1.400 millóns de membros de culturas moi diversas, non é tarefa sinxela. El levouna adiante con entusiasmo, firmeza e bo humor. Descanse en paz.

 

Antonio Villarino.


Antonio Villarino, natural de Oímbra, é misioneiro comboniano.
Formou parte do Consello Xeral dos Combonianos en Roma, onde viviu e tivo contacto co papa Francisco. Logo de percorrer o mundo exercendo o seu labor misioneiro, principalmente en África e Latinoamérica, na actualidade reside en Colombia.
OPINIÓN | Un papa misioneiro
Comentarios