Evento
IMOS DE MAGOSTO | Vilardevós celebra o seu Magosto Popular
15/11/25
20:00
Vilardevós
12 de noviembre de 2025, 10:11
Vilardevós prepárase para vivir unha das celebracións máis esperadas do outono: o seu Magosto Popular, que terá lugar o sábado 15 de novembro a partir das 20:00 horas. Unha cita que reúne tradición, boa comida e moito ambiente, perfecta para compartir con familiares e amigos.
O evento ofrece un menú por 15 euros, mentres que os menores de 12 anos poderán asistir de balde. O menú inclúe: castañas asadas, panceta, chourizo, costela e bica, todo iso acompañado de pan, viño, auga e licores.
Ao remate da cea, continuará a festa con música e diversión ata ben entrada a noite, cunha auténtica festa rachada. Ademais, realizarase o sorteo dun xamón, engadindo un toque extra de emoción á celebración.
