domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | "Vilardevós MultiCulti": música e gastronomía para celebrar a diversidade

12/4/25
19:00
Praza do Cruceiro, Vilardevós
20250412 Vilardevós MultiCulti AENTA TARANGA

Vilardevós celebra a interculturalidade cun evento que festexa a diversidade nun concello onde hoxe en día conviven persoas de máis de 13 nacionalidades. "Vilardevós MultiCulti" é a presentación da asociación cultural e de lecer "Asanta Teranga", creada por María Dosantos e o seu marido, o artista senegalés Baba Sall. Unha festa pola diversidade que busca ser punto de encontro multicultural.

O evento será unha festa para todos os sentidos, cunha explosión de culturas e sabores a través da música e da gastronomía de diferentes países. "Atopamos moita colaboración por parte dos bares e comercios de Vilardevós e tamén das persoas de distintas nacionalidades que viven aquí", subliñan María e Baba.

 

Será o sábado 12 de abril, na Praza do Cruceiro de Vilardevós. Un encontro no que se poderá gozar de degustacións culinarias, cócteles especiais e actividades para a cativada durante a tarde, como previa ao concerto que ofrecerá Baba Sall ás 20:00 horas. Músicas do mundo para celebrar a riqueza da diversidade. 

 

As entradas están á venda nos bares de Vilardevós e a través do teléfono 699976585. Ata o 10 de abril poderán mercarse a prezo reducido, 5€; o propio día do concerto tamén se poden adquirir as entradas, cun prezo de 7€.

Comentarios