Evento
AXENDA | Festas na honra da Virxe da Caridade e da Santa Bárbara en A Trabe
7/6/25
A Trave, Vilardevós
5 de junio de 2025, 11:13
A fermosa aldea de Atrave, ou A Trabe, ubicada na parroquia de Berrande, en Vilardevós, celebrará o sábado as súas festas na honra da Virxe da Caridade e da Santa Bárbara.
Unha xornada para desfrutar en comunidade xa dende a mañá coa alborada e o pasarrúas que darán paso á misa con procesión acompañada pola Banda de Gaitas de Vilardevós. Na tardiña, gran baile coa charanga Europa.
