lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Festas da Santa María Magdalena na Veiga das Meás

19/7/25 a 22/7/25
Veiga das Meás, Vilardevós

A Veiga das Meás (Vilardevós) vai aumentando os días de festexos na honra a Santa María Magdalena. Este ano serán catro días de celebración e troula. Dende o sábado 19 e ata o martes 22, teñen programadas unha chea de actividades para todos os públicos.

Os festexos arrancarán coa tradicional cea de porco ao espeto; quen quera degustar un bo prato deberá reservar a súa entrada. Tamén a cativada terá a súa festa, con inchables, xogos e música de charanga. Non faltará o tradicional sorteo de premios, unha rifa na que se poderán ganar estancias en hoteis e un pano de Panamá bordado a man. Bota unha ollada á completa programación de actividades que terán ao longo dos catro días.

20250719 Festas Veiga das Meás
20250719 Festas Veiga das Meás, porco ao espeto

 

Comentarios