domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Festa de sabores e ritmos africanos en Vilardevós

27/7/25
16:00
Vilardevós

Vilardevós prepara un evento moi especial que converterá a súa piscina municipal nunha fiestra á cultura africana. A Asociación Asanta Teranga en colaboración co Concello, organiza unha festa de gastronomía e ritmos africanos que promete unha xornada chea de sabores exóticos, ritmos envolventes e actividades para toda a familia.

Será este domingo, 27 de xullo. A partir das 16:00 horas, a música e os ritmos africanos comezarán a soar, creando un ambiente festivo e acolledor. Os asistentes poderán mergullarse de inmediato na cultura senegalesa a través dunha selección de bebidas exóticas elaboradas con produtos naturais directamente traídos de Senegal. Entre elas, o refrescante Bissap, zume da flor de Hibisco, e o nutritivo Boui, un batido de Baobab.

O punto álxido da xornada gastronómica chegará arredor das 18:00 horas, coa apertura dun irresistible menú degustación. Os padales máis aventureiros poderán gozar dun auténtico Cous Cous senegalés, con carne de tenreira e unha deliciosa salsa de verduras, todo preparado para ofrecer unha experiencia culinaria sen igual. E para rematar, ou para un comezo cheo de enerxía, non podía faltar o auténtico Café Touba, co seu característico sabor elaborado con sementes de Selim.

Pero a festa vai máis alá da gastronomía. Durante toda a tarde, haberá obradoiros para a cativada para que a diversión estea asegurada. É unha cita ineludible para quen busque unha proposta diferente na axenda de verán, combinando ocio, cultura e, sobre todo, moito sabor nunha xornada multicultural.

20250727 Festa africana piscina vilardevós

Comentarios