Evento
AXENDA | Concerto de María Carolina en Vilardevós
2/8/25
19:30
Vilardevós
1 de agosto de 2025, 12:37
Vilardevós vai converter a súa piscina municipal no escenario perfecto para escoitar as melodías da artista emerxente María Carolina.
María Carolina ofrecerá unha actuación que será un percorrido polas músicas do mundo con versións de temas dos anos 20 e 70. A artista, incluída no universo da música indie, acompaña a súa voz cun instrumento moi especial: o ukelele.
Organizado polo Concello de Vilardevós e pola Asociación Asanta Teranga, o concerto celebrarase o sábado 2 de agosto a partir das 19:30h.
