domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Andaina "Pixatoxiños", percorrendo as terras de Vilardevós

30/11/24
8:30
Florderrei, Vilardevós
20241130 Andaina Pixatoxiños, VIlardevós

A "I Andaina Pixatoxiños" é unha ruta circular polas terras de Vilardevós que se poderá facer en dúas modalidades: curta ou longa. Unha oportunidade para gozar da natureza e coñecer os montes e as aldeas de Vilardevós.

Con saída dende Florderrei, a andaina percorrerá os camiños que transcurren polas aldeas de Enxames, A Veiga das Meás, Bustelo, A Moimenta e Florderrei Vello. Un itinerario que se poderá facer pola ruta longa, de 28 km, ou pola ruta curta, de 22 km. Ao finalizar a ruta teñen organizado un xantar para reunir a todas as persoas que participen ao redor da mesa nun restaurante de Verín. 

A cita será o vindeiro 30 de novembro, sábado. Ás 08:30h. a andaina partirá dende Florderrei. A data límite de inscrición é o 25 de novembro, luns.

Comentarios