Evento
AXENDA | XVIII Mostra de Corais en Viana do Bolo
27/7/24
19:30
Casa da Cultura, Viana do Bolo.
26 de julio de 2024, 11:06
O Orfeón Vianés organiza unha nova edición da Mostra de Corais que reunirá en Viana do Bolo a tres agrupacións este sábado.
A Casa da Cultura acollerá as actuacións da Coral Aqua Música, procedente de Parada do Sil, da Coral Benaventana, das terras zamoranas de Benavente, e do Orfeón Vianés.
Un concerto que dará comezo ás 19:30 horas e que celebra os 18 anos da Mostra de Corais de Viana do Bolo.
