Evento
AXENDA | Volve o teatro a Viana con catro pezas curtas de Tennessee Williams
A Casa da Cultura de Viana do Bolo acolle este domingo, 28 de setembro, o regreso do grupo teatral Sofá Malva de la Sala Rosa cunha proposta ambiciosa e moi esperada. Despois de meses de intensos ensaios, o colectivo volve ás táboas para reencontrarse co seu público.
Nesta ocasión, o grupo trae baixo o brazo catro pezas curtas do aclamado dramaturgo estadounidense Tennessee Williams. Unha escolla de obras que, segundo a propia compañía, o seu público "ben as merece".
As obras que se poderán gozar son: El más extraño idilio, El largo adiós, La marquesa de Larkspur Lotion e Háblame como la lluvia. Unha oportunidade única para achegarse á obra do autor de clásicos como Un tranvía llamado deseo a través de formatos breves e intensos.
Para asistir á representación, as entradas estarán dispoñibles o mesmo día do evento na Casa da Cultura. A función comezará puntualmente ás 19:30 horas.
