Evento
AXENDA | Viana do Bolo celebra a noite de San Xoán con fogueira, cea popular e música
23/6/26
21:00
Campo da Feira, Viana do Bolo.
17 de junio de 2026, 9:08
A Asociación Mulleres Rurais Bibei organiza a tradicional Fogueira de San Xoán no Campo da Feira de Viana do Bolo o próximo martes 23 de xuño, a partir das 21:00 horas, coa colaboración do Concello de Viana do Bolo.
A cita inclúe unha cea popular con menú de empanada, sardiñas con pan e bica, acompañadas de viño, auga e refrescos. A animación musical correrá a cargo de DJ Kola.
O donativo é de 10 euros por persoa. Os menores de 6 anos entran de balde. A venda anticipada de entradas está dispoñible ata o domingo 21 de xuño no Bar Emigrante e no Bar Dani. Tamén se pode reservar a entrada no teléfono 618 184 244.
