Evento
AXENDA | Obradoiro de teatro para mulleres en Viana
O Concello de Viana do Bolo acolle durante este mes de outubro o obradoiro de teatro comunitario "Os Marcos Movémolos Nós", unha iniciativa dirixida especificamente ás mulleres do rural. O obradoiro será impartido pola actriz Cris Iglesias e busca usar o teatro como ferramenta de participación e expresión.
As sesións desenvolveranse ao longo de catro xornadas no mes de outubro. As datas fixadas son os días 6, 13, 20 e 27 de outubro, cun horario de 17:00 a 19:00 horas. O lugar de celebración será a Casa de Cultura de Viana do Bolo.
A inscrición é gratuíta e as interesadas en participar poden formalizar a súa reserva a través de tres vías:
-
Chamando ao teléfono 988329260.
-
Enviando un correo electrónico a servizossociais1@viana.gal.
-
De forma presencial no Servizo social comunitario básico do Concello de Viana do Bolo.
