lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Un Nadal cheo de actividades en Viana do Bolo

21/12/24 a 5/1/25
Viana do Bolo
O Belén vivente no barrio Cabo da Vila de Viana do Bolo é unha tradición que une á veciñanza. | FOTO: Arquivo.

Un ano máis o Concello de Viana do Bolo, xunto con varias asociacións culturais, organiza un completo programa de actividades para festexar o Nadal.

Programa Nadal 2024 en Viana

  • Concurso de escaparates. O prazo de inscrición estará aberto dende o 11 ata o 20 de decembro.

 

  • Ludoteca de Nadal. Funcionará dende o 23 de decembro ata o 3 de xaneiro cun amplo horario para fomentar a conciliación laboral e familiar. Prazo de inscrición aberto ata o 18 de decembro.

 

  • Concerto de Nadal. O 21 de decembro terá lugar na Igrexa de Viana do Bolo o concerto da Coral e a Banda Candea en favor de Cáritas. Será ás 18:00 horas.
  • Visita do paxe real. O día 22 de decembro, o paxe real estará na Praza Maior dende as 16:00 horas para recoller as cartas e as mensaxes que os nenos e nenas de Viana queiran facer chegar aos Reis Magos.
  • I Torneo de xogos enxebres. O 24 de decembro, a partir das 16:00 horas, o Campiño acollerá unha xornada de xogos populares como a buxaina, as "canicas" ou o brilé co obxectivo de promover a tradición e desfrutar en familia. Haberá premios para os/as gañadores/as e unha chocolatada final para todos/as participantes.

 

  • Belén viviente. O 29 de decembro as rúas do casco antigo de Viana volverán converterse no Barrio de Belén co seu tradicional Belén viviente recreado e protagonizado polas asociacións veciñais e a propia veciñanza. O Cabo da Vila ofrecerá un percorrido polas escenas máis representativas do Belén que rematará cunha chocolatada popular.

 

  • Visita dos paxes reais. Segunda visita dos paxes das súas maxestades os Reis Magos de Oriente a Viana; desta vez polas aldeas do concello. Será durante os días 3 e 4 de xaneiros cando percorran as aldeas levando caramelos e ilusión a toda a veciñanza.
  • Cabalgata de Reis. Será o gran día para a cativada; a tradicional cabalgata de Reis porá fin aos festexos do Nadal o día 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos ás residencias de maiores onde deixarán agasallos. Logo percorrerán as rúas de Viana ata chegar á Praza Maior onde repartirán caramelos e doces a nenos e nenas. A xornada rematará cun chocolate quente para todas as persoas asistentes. Se fai mal tempo a recepción dos Reis terá lugar no Pavillón Deportivo.

Comentarios