domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Magosto popular en Viana do Bolo

8/11/25
20:00
Campo da feira, Viana do Bolo

Viana do Bolo celebrará o vindeiro sábado 8 de novembro, o seu Magosto popular. Será a partir das 20:00 horas no campo da feira, nun ambiente festivo que combinará tradición, música e boa gastronomía.

A xornada estará amenizada por charanga e discomóbil, garantindo unha noite de festa e convivencia arredor do lume e das castañas.

O menú inclúe bullotes, bolos preñados, bica, viño, refrescos, auga e queimada, mantendo o sabor auténtico dos magostos galegos.

Venda anticipada de entradas ata o venres 31 de outubro

As entradas, cun prezo de 8 euros e gratis para os menores de seis anos, poden mercarse de forma anticipada ata este venres en:

  • Castiñeiros da Gloria
  • Bar Dani
  • Bar Callejón
  • Casa Chías
  • Bar Emigrante
  • Cafetería París
  • Bar Dani
  • Carpe Diem

O evento está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais coa colaboración do Concello de Viana do Bolo.