Evento
AXENDA | O Galician Solo Tour de Mike Ross recala en Viana do Bolo
11/7/26
22:30
Viana do Bolo.
9 de julio de 2026, 11:31
O músico Mike Ross actuará este sábado 11 de xullo de 2026 en Viana do Bolo, dentro da súa xira Galician Solo Tour 2026. O concerto, organizado polo Concello de Viana do Bolo en colaboración con Waves Events, terá lugar na Rúa Ceferino Armesto, entre o Bar Caracas e o Bar Callejón, a partir das 22:30 horas.
O directo achegará ao público un repertorio de rock coa esencia do blues británico. A cita serve ademais para inaugurar a programación de lecer deste verán en Viana do Bolo.
