Evento
AXENDA | Cine de verán en Viana do Bolo
O cinema volve tomar as rúas este verán grazas ao "Circuíto provincial de cine de verán 2025", unha iniciativa impulsada pola Deputación de Ourense no marco do seu firme compromiso por achegar a cultura a cada recuncho da provincia. Unha aposta que busca non só ofrecer un entretemento de calidade, senón tamén poñer en valor o traballo do sector audiovisual local e contribuír á dinamización do rural.
En Viana poderase ver o filme galego escrito e dirixido por Sonia Méndez, As Neves. Rodado en lingua galega entre a Fonsagrada e a Pontenova, este drama ambientado no Entroido foi estreado no Festival de cine de Málaga do 2024 cunha grande aceptación.
Unha noite de cinema ao aire libre e de balde que terá lugar o domingo 10 de agosto, ás 22:00h, na Praza Maior. Bota unha ollada ao tráiler!
