lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | 25N en Viana do Bolo: programación de actividades

19/11/24 a 28/11/24
Viana do Bolo.
20241119 25N en Viana do Bolo, programación actividades

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Viana do Bolo ten previsto levar a cabo unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia machista. Baixo o lema "Contra as violencias machistas, educación feminista", o Centro de Información á Muller (CIM) creou unha  programación de eventos que buscan sensibilizar á sociedade vianesa.

Dende onte están celebrando unha serie de obradoiros de prevención da violencia machista en distintas localidades do municipio. Penouta foi a primeira e hoxe serán en San Mamede e na Mourisca. Mañá, día 21, o obradoiro trasládase a Solveira.

O propio 25N, o vindeiro luns, celebrarase a concentración popular e a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero. Terá lugar na Praza Maior de Viana do Bolo ás 12:00 horas. Acto que se complementará cunha campaña de sensibilización contra as violencias machistas a través das redes sociais.

Xa o vindeiro xoves, 28 de novembro, será a quenda da creación do mural colectivo que representará a loita contra a violencia de xénero no municipio.

Comentarios