Evento
AXENDA | Xuntanza de condutores na honra a San Cristovo
O vindeiro 12 de xullo, o Barrio do San Antón, no Concello de Verín acollerá un ano máis unha nova Xuntanza de Condutores, unha festa xa consolidada que rende homenaxe a San Cristovo, patrón dos transportistas, cun día cheo de actividades para todas as idades.
A xornada arrancará ás 16:00 horas co tradicional desfile de camións engalanados polas rúas da vila. A partir das 18:00 h, celebrarase a misa e procesión en honra ao patrón, cun recordo especial aos compañeiros da profesión falecidos, amenizado pola Banda de Gaitas do Riós.
Ás 19:00 horas haberá sorteos de agasallos, entrega de premios e inchables con actividades para os máis pequenos. A música chegará ás 20:30 horas da man de A Gramola, e ás 21:30 h celebrarase a cena de compañeiros.
A verbena comezará ás 00:30 h, tamén coa actuación de A Gramola, e durante a festa entregaranse os premios aos camións mellor decorados.
