domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Verín celebrará o 8M cun acto institucional aberto á veciñanza

8/3/26
12:00
Praza do Concello Verín
IMG_3346

Verín acollerá este domingo, 8 de marzo, un acto institucional con motivo do Día Internacional da Muller, unha cita que busca visibilizar a loita pola igualdade e reivindicar os dereitos das mulleres.

A actividade está organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Verín, en colaboración con distintas entidades sociais da comarca como CDR Portas Abertas, Cruz Vermella e Femuro.

O acto terá lugar ás 12:00 horas diante da Casa do Concello de Verín e estará aberto á participación de toda a veciñanza, así como de representantes institucionais e colectivos sociais.

Durante a xornada realizarase un encontro simbólico no que se poñerá en valor o papel das mulleres na sociedade e a importancia de seguir avanzando cara a unha igualdade real e efectiva.

A campaña deste ano preséntase baixo o lema “Nós, as mulleres”, unha mensaxe que pretende destacar a unión, a sororidade e o apoio mutuo entre mulleres, así como a necesidade de continuar defendendo os seus dereitos.