lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Verín acolle o "I Encontro de mulleres xitanas da comarca"

10/6/25
10:00 a 14:00
Casa da Cultura de Verín
20250610 I Encontro mulleres xitanas comarca verín, adiado

A Casa da Cultura de Verín será o escenario do I Encontro de mulleres xitanas da comarca de Verín o vindeiro 10 de xuño. A xornada, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:00 horas, ofrecerá un espazo de reflexión e debate sobre a historia e a realidade das mulleres xitanas.

 

A xornada comezará cunha breve aproximación á historia do pobo xitano con perspectiva de xénero, abordando dende as súas orixes ata a súa chegada a Europa e as leis e a pragmática antitixana. Logo, centrarase no antitixanismo; discutindo estereotipos e prexuízos, a imaxe da muller xitana no imaxinario colectivo, o feminismo xitano e unha análise con propostas. Ao longo do día falarase tamén do feminismo romaní.

 

Para participar, as persoas interesadas deben anotarse a través deste formulario ou escaneando o código QR que se mostra no cartel do evento que podes atopar a continuación.

20250530 I Encontro de mulleres xitanas verín, programa

Comentarios