domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Estas son as sesións de cinema municipal para esta Semana Santa

2/4/26 a 5/4/26
Salón de Actos da Casa da Cultura

Esta Semana Santa, o cine municipal convértese no plan perfecto para todos os públicos, con opcións variadas que mesturan emoción, aventura e historias e que non deixan indiferente a ninguén. A programación desta semana invita a desfrutar do cine en pantalla grande e a deixar voar a imaxinación. Unha oportunidade ideal para facer unha pausa, relaxarse e vivir novas historias sen saír da vila.

“As liñas descontinuas”

Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos chega á súa casa e atopa todo patas arriba e a un dos ladróns durmindo na súa cama.

Denís é un rapaz trans de 28 anos que, a pesar de ter estudado unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.

“Hoppers”

En Hoppers, os científicos descubriron a tecnoloxía para instalar a conciencia humana en animais robóticos hiperrealistas, o que permite ás persoas comunicarse cos animais coma se fosen un deles. Grazas a esta nova tecnoloxía, Mabel (Curda) descubrirá misterios dentro do mundo animal que van moito máis alá do que xamais imaxinou.

Horarios de proyecciones

📅 Xoves, 2 de abril

  • Hoppers: 17:00 e 19:30 h
  • As liñas descontinuas: 22:00 h

📅 Venres, 3 de abril

  • Hoppers: 17:00 e 19:30 h
  • As liñas descontinuas: 22:00 h

📅 Sábado, 4 de abril

  • Hoppers: 17:00 e 19:30 h
  • As liñas descontinuas: 22:00 h

📅 Domingo, 5 de abril

  • Hoppers: 17:00 e 19:30 h
  • As liñas descontinuas: 22:00 h