Evento
AXENDA | Verín acolle a celebración do "Día do Voluntariado"
5/12/24
11:00
Praza do Concello
4 de diciembre de 2024, 10:21
Este xoves 5 de decembro, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil da provincia de Ourense, e tamén da comunidade autónoma, celebrarán o seu día, o Día do Voluntariado, en Verín, unha data que nos lembra a importancia do compromiso e da solidariedade na nosa sociedade.
A celebración consistirá nun acto que terá lugar na Praza do Concello de Verín ás 11:00 horas, e onde o colectivo local exhibirá os medios dos que dispón.
Ao evento, organizado pola a Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, asistirá o Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, así como voluntarios desta agrupación da nosa comarca.
