domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | O PP de Ourense celebra en Verín unha xornada informativa sobre vivenda centrada na inseguridade xurídica e nas axudas en Galicia

27/2/26
11:45
Casa da Cultura de Verín

O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá este sábado, 28 de febreiro, ás 11:30 horas, unha Xornada Informativa sobre Vivenda organizada polo Partido Popular da provincia de Ourense, na que se abordará a situación actual do acceso á vivenda e as medidas impulsadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O acto será presentado por Benito Iglesias Padrón, coordinador da Área de Vivenda e Urbanismo do PP de Ourense, quen dará paso ás distintas intervencións previstas no programa.

Ás 11:45 horas desenvolverase a ponencia titulada “O dereito á vivenda. Problemática actual e inseguridade xurídica”, que será exposta por Sonia Ogando Vázquez, integrante da Área de Vivenda e Urbanismo do PP ourensán. Durante a súa intervención analizaranse as dificultades que afectan actualmente ao mercado da vivenda, así como o impacto normativo e a situación xurídica que condiciona tanto a propietarios como a demandantes.

Posteriormente, ás 12:00 horas, Pilar Fernández León abordará as “Axudas e medidas para facilitar o acceso á vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia”, facendo fincapé nos programas autonómicos destinados a favorecer a adquisición e o alugueiro.

A xornada concluirá ás 12:30 horas cun acto de clausura no que intervirán Víctor Baladrón, coordinador da Xunta Xestora do PP de Verín; Paula Prado del Río, secretaria xeral do Partido Popular de Galicia; e Luis Menor Pérez, presidente provincial do PP de Ourense.

O encontro está aberto á participación da veciñanza interesada en coñecer de primeira man a análise e propostas do Partido Popular en materia de vivenda.