domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Móllate polos ríos, voluntariado ambiental en Verín

29/9/24
10:30
Praia fluvial de Pazos, Verín
20240929 móllate polos ríos

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas volve participar na actividade de voluntariado ambiental "Móllate polos ríos", unha iniciativa que celebra xa 17 edicións e na que, cada ano, participan máis persoas. Este ano, en Verín tamén actuará o alumnado do CPR María Inmaculada que forma o grupo "Os pioneiros do Támega".

Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental, participación cidadá e intervención socioambiental coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA dende o 2005. Para participar, é necesario anotarse a través deste formulario.

Unha iniciativa que naceu co propósito de divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, ao tempo que incentiva a participación cidadá para achegar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos.

Este ano terá lugar o vindeiro domingo, 29 de setembro, e realizarase ao longo da mañá na praia fluvial de Pazos, en Verín. Recoméndase levar calzado axeitado e luvas para comezar a xornada ás 10:30 horas.

Comentarios