Evento
AXENDA | Maxia, acrobacias e música na Gala de Nadal de AEVER
2/1/25
17:30
Pavillón de Deportes de Verín
30 de diciembre de 2024, 10:29
Xa consolidada como unha tradición na vila, a Gala de Nadal da Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín ofrecerá unha experiencia inesquecible para toda a familia. Música, maxia e acrobacias aéreas nun evento que contará coa actriz Isabel Risco como presentadora.
O ano pasado, grandes e pequenos desfrutaron coa gala de maxia organizada por AEVER.
Programa
- Maxia e ilusionismo. O Mago Teto levará ao escenario a súa habilidade única para a maxia, combinada co seu característico sentido do humor.
- Circo. Sue Moreno, acróbata de renome no circo contemporáneo, ofrecerá un espectáculo de acrobacias aéreas que desafía a gravidade cunha posta en escena impactante e cargada de emocións.
- Música. Cé Orquestra Pantasma poñerá a nota musical cun show cheo de enerxía e bo humor. Cun sorprendente dominio dunha ampla variedade de instrumentos, este músico unipersoal conectará coa tradición popular.
Ademais, haberá sorpresas especiais como a visita do Ratiño Pérez nunha gala que terá lugar o xoves 2 de xaneiro, ás 17:30 horas no Pavillón Deportivo de Verín. A entrada será gratuíta para aquelas persoas que realicen compras nos establecementos asociados a AEVER-CCU Verín. Os tíckets poderán recollerse nos comercios participantes.
