Evento
AXENDA | Incontrolable e Mario Galaxy protagonizan a fin de semana de cine na vila
Estas son as propostas para esta fin de semana no cinema municipal do Concello de Verín:
"Incontrolable"
A longametraxe Incontrolable narra a vida de John Davidson, quen foi diagnosticado co síndrome de Tourette aos 15 anos. A trama móvese entre a comedia dramática e a reflexión social, amosando como o protagonista e os seus compañeiros enfróntanse aos espasmos e á incomprensión da contorna mediante unha campaña para axudar ás persoas que sofren esta condición. Esta obra, que conta con tres premios BAFTA, convida ao espectador a entender unha realidade médica dende unha perspectiva humana e optimista.
"Super Mario Galaxy, la película"
Nesta aventura espacial, Mario emprende unha viaxe por toda a galaxia para rescatar á princesa Peach, que foi secuestrada polo malvado Bowser. Coa axuda de Rosalina e as súas estrelas chamadas Lumas, Mario deberá explorar planetas de formas e tamaños moi distintos, superando desafíos de gravidade e inimigos perigosos. Ao longo do camiño, recollerá estrelas de poder que lle permitirán avanzar e achegarse cada vez máis ao seu obxectivo: salvar a princesa e restaurar a paz no universo.
Horarios de proxeccións
📆 Venres, 24 de abril
• Incontrolable: 20:30 h
📆 Sábado, 25 de abril
• Mario Galaxy: 17:00 h
• Incontrolable: 19:15 e 22:00 h
📆 Domingo, 26 de abril
• Mario Galaxy: 17:00 h
• Incontrolable: 19:15 e 22:00 h
