domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Festival de Nadal da escola de danza Diversity

30/11/24
17:00
Auditorio de Verín.
20241130 Festival Nadal escuela de danza Diversity

O alumnado da Escola de Danza Diversity vén de ser recoñecido con dous galardóns no concurso de baile Danzando Madrid. As dúas coreografías que presentaron obtiveron sendos premios. Agora poderemos ver a súa arte e o seu talento en Verín.

 

Baixo a dirección de Ángel Luis Lambert, a escola está preparando o Festival de Nadal, será a primeira edición dun evento que fará desfrutar a todas as persoas asistentes. Unha oportunidade para ver de primeira man o avance do alumnado dunha escola que en setembro se convertía no primeiro centro de Galicia autorizado para impartir formación profesional de flamenco y danza española.

 

O Festival de Nadal da escola de danza Diversity vaise celebrar este sábado, 30 de novembro, no Auditorio de Verín. Un espectáculo de música e baile que comezará ás 17:00 horas.

Comentarios