Evento
AXENDA | Festas de San Pedro en Queizás
Fin de semana de festa para honrar a San Pedro, o patrón de Queizás (Verín). A veciñanza ten organizados tres días cheos de música, gastronomía, deporte e fe.
O venres 27 darán comezo os festexos ás 20:00 horas coa tradicional "Bicicletada A Ruta das Adegas", unha iniciativa que xa cumpre 28 edicións unindo á veciñanza e visitantes nun divertido percorrido pola aldea. O sábado 28 será a quenda da cativada coa festa da escuma e da auga e da degustación do porco ó espeto que precederá á verbena coa música da Fuego Street Band e da discomóbil A Gramola.
Xa o domingo 29, día grande da festa patronal, a banda de gaitas fará o pasarrúas para chamar á veciñanaza á participación na misa solemne con procesión que terá lugar ás 12.00 horas. Un acto relixioso no que participará a Coral de Trasmiras. O fin de festa correrá a cargo da orquestra Cinema, que actuará ao longo da tarde e na verbena.
