domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Faladoiro do PSdeG-PSOE polo 25N en Verín con Enma López

19/11/25
20:00
Hotel-Restaurante San Roque, Verín
20251119 Parladoiro PSOE Ourense violencia de xénero Enma López
O parladoiro contará coa participación de Enma López, voceira adxunta da Comisión Executiva Federal do PSOE.

O PSdeG-PSOE de Ourense organiza hoxe un novo parladoiro aberto á cidadanía con motivo dos actos polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O evento contará coa participación de Enma López, voceira adxunta da Comisión Executiva Federal (CEF) do PSOE e secretaria de Política Económica, Transformación Dixital, Emprendemento e Impacto Social.

O acto, baixo o título “Datos que falan de igualdade: 50 anos de liberdade”, centrarase en analizar o impulso á igualdade e a loita contra a violencia de xénero impulsada polo partido nas últimas décadas. Dende a Executiva Provincial fan fincapé en que este novo parladoiro "é unha oportunidade para analizar a situación no país en torno a igualdade e a loita levada a cabo ao longo das últimas décadas por parte do PSOE e de milleiros de mulleres para acadar unha igualdade real e tratar de erradicar a violencia contra a muller".

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense convidan á cidadanía a participar neste parladoiro para intervir e xerar un espazo de debate e diálogo. O acto terá lugar esta tarde, ás 20:00 horas, no hotel-restaurante San Roque de Verín e ao igual que en parladoiros anteriores e futuros, amosa o compromiso das e dos socialistas ourensáns a realizar actos con figuras de primeiro nivel político ao longo de toda a provincia.

Comentarios